creatividade

Pintando con tinta

Comezou o noso recente creado club de ciencia no CEP Plurilingüe Santa Tegra. E fíxoo nunha primeira sesión na que os nenos e nenas pintaron con tinta e coas súas propias mans.

Segue lendo
Anuncios
experimentos

Obradoiro de xenética

O concepto de xen é unha das ideas máis revolucionarias xurdidas no século XX. O estudo dos xenes nos permite entender o pasado; pero o que é máis importante, manipular o futuro. Dende a teoría da evolución ata os tratamentos médicos máis prometedores pasan por entender os principios que dominan a xenética.

A xenética é un dos campos da ciencia que sufriu un desenvolvemento máis importante nos últimos anos. Neste obradoiro pretendiamos explicarlle aos nenos os conceptos máis básicos no campo da xenética (ADN, xen, cromosoma). Ademais da parte teórica terán a oportunidade de facer unha extracción de ADN de diferentes tecidos (p.ex. tomate) por eles mesmos.

experimentos

O comportamento animal

Nesta ocasión visitounos o grupo de Ecoloxía Pesqueira do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC) para presentarnos como se estuda o movemento e o comportamento das especies mariñas.

O alumnado terá a oportunidade de coñecer de primeira man as técnicas que utilizan os biólogos dentro dun proxecto de investigación real (TAC) no que se estuda como se comportan e se moven os peixes nunha área mariña protexida (Illas Cíes).
Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, a través do Programa Pleamar, cofinanciado por el FEMP.

Ademais vimos outras técnicas utilizadas en ecoloxía para estudar os movementos de diferentes especies, tanto no ámbito mariño coma terrestre.

experimentos

A física

Nas seguintes dúas sesións as nenas e nenos do club de ciencias estuveron xogando e aprendendo física con pequenos experimentos moi sinxelos de facer.

Por unha banda xogamos coa auga e as distintas densidades que pode ter cando se lle engaden outros elementos como o sal ou unha pintura.

Tamén estivemos aprendendo como funciona a gravidade, a presión atmosférica e como se poden medir diferentes tipos de velocidade e aceleración que imprimimos sobre os corpos.

Pero se queredes ver como foi, mellor vedes. explicación realizada polos máis pequenos.